Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE CARTELLE OFERTA UNHA PRAZA DE CHÓFER

08 Feb 2019

Trátase dun contrato de 9 meses de duración

O concello de Cartelle fai público no BOP do 8 de febreiro, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir un posto de traballo de persoal laboral temporal, o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.
- Número, denominación dos postos e duración do contrato: 1 chofer especialista en maquinaria e vehículos especiais, 9 meses.
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.
- Sistema de selección: concurso-oposición.
- Bases de convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais.
- Prazo de presentación de solicitudes: 10 días naturais, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do xoncello de Cartelle, praza Toxal, 1, Cartelle, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

Volver