Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS OFERTA UNHA PRAZA DE AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO

01 Xul 2017

Cubrirá sustitucións de vacacións, permisos e outras posibles causas

O concello de Carballeda de Valdeorras publica no BOP do 1 de xullo as bases que rexerán a selección para a contratación a tempo parcial como persoal laboral temporal de duración determinada dun/dunha auxiliar de axuda a domicilio para cubrir substitucións das traballadoras que actualmente prestan o servizo de axuda no fogar (substitucións por causa de vacacións, permisos e outras posibles causas); así como por incremento nas necesidades do servizo.

As bases teñen por obxecto regular a contratación aboral temporal a tempo parcial dun/dunha traballador/a para cubrir substitucións das traballadoras que actualmente prestan o servizo de axuda no fogar (substitucións por causa de vacacións, permisos e outras posibles causas) na modalidade contractual de servizo determinado.

Se queres ollar as bases abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver