Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS OFERTA UN POSTO DE TÉCNICO ESPECIALISTA PARA O PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA

24 Xan 2020

Trátase dunha sustitución por IT da titular

O concello de Carballeda de Valdeorras fai pública no BOP do 24 de xaneiro, por resolución da alcaldía, con data 20 de xaneiro de 2020 a aprobación das bases que rexerán a selección para a contratación como persoal laboral temporal de duración determinada (substitución por causa de IT da traballadora actualmente contratada para a prestación do servizo de Punto de Atención á Infancia - PAI de Sobradelo), dun/dunha técnico/a especialista encargado/a da aula do servizo de Punto de Atención á Infancia (PAI de Sobradelo), fanse públicas mediante publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e no taboleiro de anuncios deste concello, ao mesmo tempo que se anuncia o prazo de presentación de instancias.
1ª.- Estas bases teñen por obxecto regular a contratación temporal a xornada completa dun/dunha técnico/a especialista encargado/a da aula do servizo de Punto de Atención á Infancia (PAI de Sobradelo) na modalidade contractual de servizo determinado por substitución da traballadora actualmente contratada para a prestación do devandito servizo, que se atopa en situación de IT, con duración do contrato ata a incorporación da traballadora substituída; constituíndo o obxecto do contrato, a realización das funcións propias de atención integral (coidado, entretemento, aseo persoal, alimentación, etc.) aos nenos de 0 a 3 anos usuarios do Punto de Atención á Infancia deste municipio, situado en Sobradelo. A retribución mensual será a que actualmente percibe a traballadora contratada que se vai substituír, por estar en situación de IT, establecida en 906,68 €/brutos mensuais, que serán incrementadas na porcentaxe de incremento que se estableza por aplicación da Lei de orzamentos do Estado do corrente exercicio para o persoal que preste servizos na Administración Pública.
2ª.- A selección farase mediante a avaliación dos seguintes méritos e de conformidade coa puntuación que se indica:
a) Por cada mes completo de prestación do servizo como encargado/a de aula nun PAI (Punto de Atención á Infancia), ou en calquera outro centro público de atención á infancia (0 a 3 anos) dos regulados no Decreto 329/2005, do 28 de xullo da Xunta de Galicia (Consellería de Familia, Mocidade, Deporte e Voluntariado) polo que se regulan os centros de atención á infancia, outorgaranse 0,5 puntos/mes.
b) Por cada mes completo de prestación do servizo como educador/a en calquera centro público de atención á infancia de 0 a 3 anos dos regulados no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, ou en gardería privada ou escola infantil, outorgaranse 0,4 puntos/mes.
c) Pola realización de cursos con duración superior a 15 horas relacionados coa seguridade infantil, primeiros auxilios na contorna escolar, xogo como recurso pedagóxico, recursos didácticos, educación para a saúde en educación infantil, outorgaranse 0,5 puntos/curso.
d) Por estar en posesión do Celga 4, outorgarase 1 punto.
3ª.- As instancias nas que se solicite participar no proceso selectivo, dirixidas á alcaldesa, presentaranse directamente no rexistro do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, dentro do prazo de tres días naturais a partir da publicación do anuncio de convocatoria no BOP de Ourense. Nas devanditas instancias faranse constar os servizos alegados polo candidato para a súa valoración, de conformidade co previsto na base 2ª; achegándose a documentación acreditativa da súa prestación (certificacións, etc.), ou calquera outro documento que acredite a efectiva prestación do devandito servizo e a súa duración.
4ª.- Os aspirantes farán constar na instancia que han de presentar que reúnen os requisitos previstos no artigo 56 do Real decreto lexislativo 5/2015 do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público; e que están en posesión da titulación mínima de técnico especialista en xardín de infancia, admitíndose tamén as titulacións de mestre especialista en educación infantil ou equivalente e licenciatura ou grao en psicoloxía e psicopedagoxía,de conformidade co previsto no art. 27.2 do citado Decreto 329/2005 da Xunta de Galicia polo que se regulan os centros de atención á infancia; e que igualmente estár en posesión ou en disposición de obter o carné de manipulador de alimentos. Xunto coa instancia achegarase copia compulsada do DNI, teléfono, fax ou correo electrónico para efectuar as comunicacións que procedan.
5ª.- O/A aspirante seleccionado deberá presentar a documentación acreditativa dos requisitos esixidos na base 4ª no prazo de 24 horas seguintes ao da notificación de ser seleccionado/a en primeiro lugar. Dentro do referido prazo das 24 horas haberase de acreditar a efectiva prestación dos servizos alegados para a súa valoración, de conformidade co previsto na base 4ª, no caso de que non se achegase a dita acreditación xunto coa instancia de solicitude. A lista de admitidos e excluídos será publicada no taboleiro de anuncios do Concello ao día seguinte ao de finalización de presentación de instancias.
6º.- O tribunal cualificador será designado por Resolución da Alcaldía e a súa composición será acorde co previsto no Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público.
7ª.- O contrato que se realizará á persoa seleccionada para a prestación do devandito servizo será por obra ou servizo determinado, tendo por obxecto a substitución da traballadora que actualmente presta o servizo obxecto de contrato que se atopa actualmente en situación de IT, con duración ata a súa reincorporación

Volver