Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS BUSCA UN AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO

27 Mai 2019

Ofertan unha contratación laboral temporal a tempo parcial

O concello de Carballeda de Valdeorras fai públicas no BOP do 27 de maio as bases que rexerán a selección para a contratación a tempo parcial como persoal laboral temporal de duración determinada dun/a auxiliar de axuda a domicilio.
1ª.- As presentes bases teñen por obxecto regular a contratación laboral temporal a tempo parcial dun/a traballador/a, na modalidade contractual de servizo determinado, para a prestación do servizo de axuda a domicilio aos beneficiarios do devandito servizo residentes no núcleo de Soutadoiro deste termo municipal. O contrato iniciarase inmediatamente á finalización do proceso selectivo e a retribución mensual correspondente a unha prestación semanal de 9 horas/semana á beneficiaria actual do servizo de axuda a domicilio residente no núcleo de Soutadoiro será dun importe de retribución bruta de 237,48 € brutos mensuais, incluída a parte proporcional de pagas extras. Constitúe igualmente obxecto do contrato as posibles ampliacións de prestación do servizo a outros posibles beneficiarios residentes no núcleo de Soutadoiro, e en núcleos próximos situados na vía de acceso ao núcleo de Soutadoiro; nese caso a retribución incrementarase en proporción ao número de horas de prestación do servizo que resulten das posibles ampliacións.
2ª.- As persoas que non resulten seleccionadas pasarán a formar  parte dunha bolsa de emprego, por estrita orde de puntuación, para cubrir posibles substitucións, etc., das traballadoras que actualmente prestan o servizo de axuda a domicilio, así como a necesidade, no seu caso, de formular novas contratacións por incremento nas necesidades do servizo, cuxa bolsa de emprego estará vixente durante o presente exercicio e no exercicio de 2020.
3ª.- A selección farase mediante a avaliación dos seguintes méritos, e de conformidade coa puntuación que se indica:
a) 0,3 puntos, ata un máximo de 3 puntos, por cada mes completo de prestación do servizo de axuda a domicilio en calquera das súas modalidades (básica ou dependencia). A prestación efectiva de servizos acreditarase achegando a documentación xustificativa dos servizos de axuda a domicilio prestados mediante contrato nunha entidade pública ou nunha entidade privada (xustificarase documentalmente o tempo de duración de prestación dos servizos de axuda a domicilio que se alegue para a súa valoración).
b) Por estar en situación de paro, 1 punto.
c) 1 punto pola acreditación do coñecemento da lingua galega - Celga 1 ou equivalente.
d) 2 puntos por acreditar vinculación territorial e coñecemento da realidade física e social do municipio; acreditándose ambos puntos mediante certificado de empadroamento neste municipio con anterioridade á data de inicio do prazo de presentación de solicitude.
e) Entrevista persoal polo órgano de selección, co fin de valorar a maior adecuación dos/as candidatos/as ao posto de traballo, valorando o coñecemento das funcións concretas para desenvolver; o coñecemento de organización e realidade socioeconómica deste municipio, experiencia e idoneidade do candidato/a para o posto de traballo ofertado; así como a adecuación dos solicitantes aos requisitos específicos que ha de cumprir o persoal para prestación do servizo de axuda a domicilio, de conformidade co previsto na Orde de 29 de xaneiro de 2009; podéndose outorgar como resultado da entrevista unha puntuación máxima de 3 puntos.
f) En caso de empate, terá preferencia o/a candidato/a que obteña maior puntuación no apartado de acreditación da vinculación territorial e coñecemento da realidade física e social do municipio.
4ª.- As instancias ou solicitudes nas que se solicite participar no proceso selectivo, dirixidas á Sra. alcaldesa – presidenta, presentaranse, xunto coa documentación acreditativa dos méritos para valorar de conformidade co previsto na base anterior, no Rexistro do Concello en horario de oficina, de 9.00 a 14.00 horas, dentro do prazo de cinco días hábiles a partir da publicación da convocatoria no BOP de Ourense. Se as instancias, ao amparo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se presentaran no rexistro doutra administración pública ou en Correos, os solicitantes deberán comunicar mediante fax (n.º: 988.33.53.79) ou correo electrónico (administración@concellocarballedavaldeorras.com), con anterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes, achegando copia do rexistro de presentación da instancia no que conste a data e hora da súa presentación, e achegando igualmente relación dos méritos alegados para a súa valoración segundo as presentes bases.
5ª.- Os aspirantes farán constar na súa instancia que reúne nos requisitos previstos no artigo 56 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto do empregado público; e que están en posesión do carné de conducir, e artigo 50 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de galicia.  Xunto coa instancia achegarase copia compulsada do DNI, ou documento que proceda no caso de ser estranxeiro, así como correo electrónico, número de teléfono ou fax para efectuar as comunicacións que proceda.
6ª.- A lista de admitidos e excluídos será publicada no taboleiro de anuncios do Concello ao día seguinte ao de finalización de presentación de instancias; e no seu momento a lista coa puntuación outorgada a cada aspirante e a proposta de selección.
7ª.- O órgano de selección cualificador será designado por resolución da Presidencia.
8ª.- O aspirante seleccionado deberá presentar a documentación acreditativa dos requisitos esixidos na base 4ª no día seguinte hábil ao da publicación no taboleiro de anuncios do Concello da lista coa puntuación outorgada a cada aspirante e coa proposta do seleccionado.
9ª.- O contrato que se realizará á persoa seleccionada será de obra ou servizo determinado; e redactarase ao amparo do Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro

Volver