Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN OFERTA UNHA PRAZA DE AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO

24 Feb 2018

Trátase dun contrato laboral temporal

O concello de Calvos de Randín fai pública no BOP do 24 de febreiro a convocatoria para a contratación laboral de auxiliar de axuda a domicilio, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 8-02-2018:

1º.- Número e denominación das prazas: 1 de auxiliar de axuda a domicilio.

2º.- Modalidade da contratación: contrato laboral a xornada completa.

3º.- Duración do contrato: seis meses.

4º.- Sistema de selección: concurso de méritos

5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 10 días hábiles, contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no Rexistro do Concello de Calvos de Randín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo electrónico deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.

6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello.

Volver