Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN OFERTA UN POSTO DE TRABALLO

04 Abr 2019

É para operaria/o de maquinaria

O concello de Calvos de Randín fai pública no BOP do 4 de abril a convocatoria para a contratación laboral de operaria/o de maquinaria, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 15.03.2019:

1º.- Número e denominación das prazas: unha de operario de maquinaria.

2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.

3º.- Duración do contrato: seis meses.

4º.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo, pasará o luns seguinte, no Rexistro do Concello de Calvos de Randín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos

en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá a o correo deste concello concello.calvosderandin@eidolocal.es  copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.

6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver