Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN OFERTA UN POSTO DE PION

22 Xan 2018

Ofertan un contrato a tempo completo de oito meses de duración

O concello de Calvos de Randín fai pública no BOP do 22 de xaneiro a convocatoria para a contratación laboral dun peón de obras públicas, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 04-01-2018:
1º.- Número e denominación das prazas: 1 de peón de obras públicas.
2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a tempo completo.
3º.- Duración do contrato: oito meses.
4º.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 10 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación do anuncio no BOP (22/1/18), se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal. es) copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver