Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN OFERTA TRES POSTOS TEMPORAIS

22 Mar 2018

Son para operario/a de maquinaria, técnico/a asesor/a en materia de fomento cooperativo e pión de protección civil

O concello de Calvos de Randín fai público no BOP do 22 de marzo a convocatoria para os postos de operario/a de maquinaria, técnico/a asesor/a en materia de fomento cooperativo e pión de protección civil.

Convocatoria para a contratación laboral de técnico/a asesor/a en materia de fomento cooperativo, segundo as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía con data 05-03-2018:
1º.- Número e denominación das prazas: 1 de técnico/a asesor/a en materia de fomento cooperativo.
2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.-
3º.- Duración do contrato: nove meses.
4º.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 10 días hábiles,contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia; se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no Rexistro do Concello de Calvos de Randín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Convocatoria para a contratación laboral de operario/a de maquinaria, segundo as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía con data 05-03-2018:
1º.- Número e denominación das prazas: operario/a de maquinaria.
2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.
3º.- Duración do contrato: seis meses.
4º.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 10 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP; se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no Rexistro do Concello de Calvos de Randín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello  (concello.calvosderandin@eidolocal.es) copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Convocatoria para a contratación laboral de pión de protección civil, segundo as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía con data 05-03-2018:
1º.- Número e denominación das prazas: 1 peón de protección civil.
2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.
3º.- Duración do contrato: tres meses.
4º.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 10 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP; se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no Rexistro do Concello de Calvos de Randín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello

Volver