Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN OFERTA CINCO POSTOS DE AUXILIARES DE AXUDA A DOMICILIO

23 Xun 2018

Son contratos de seis meses de duración

O concello de Calvos de Randín fai pública no BOP do 23 de xuño a convocatoria para a contratación laboral de auxiliares de axuda a domicilio, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 04-06-2018 para as prazas de cinco de auxiliares de axuda a domicilio. A modalidade de contratación será contrato laboral a xornada parcial, e a duración do contrato de seis meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. O lugar e prazo de presentación de instancias será 10 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo, pasará o luns seguinte, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial,remitirá a o correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial. O texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver