Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE BARBADAS ABRE LISTAXES DE CONTRATACIÓN

04 Xul 2017

Son para prazas de mestre/a de acordeón e mestre de percusión e tradicional e moderna

O concello de Barbadás fixo público o martes 4 de xullo no xornal "La región" o anuncio de concurso para unha listaxe de contratación para a sustitución temporal polo sistema de concurso de méritos, para as prazas de mestre/a de acordeón e mestre de percusión e tradicional e moderna da escola municipal de música de Barbadás.

A presente bolsa terá unha duración de dous anos ou ata a entrada en vigor da bolsa de emprego do concello de Barbadás. De non entrar en vigor dita bolsa , do 1 ao 20 de xaneiro de 2018, abrirase un prazo para que os/as candidatos/as presentes na bolsa poidan actualizar os seus méritos ou poidan solicitar a súa inclusión na bolsa, mediante a presentación dos documentos acreditativos dos mesmos ou novas incorporacións. Tras a valoración realizada polo tribunal, publicaranse os resultados coas novas puntuacións, no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.

O primeiro contrato desta bolsa iniciarase o día 4 de setembro de 2017 e finalizará cando se incorporen as titulares de cada praza. En todo caso, os contratos que se formalicen cos e coas candidatas presentes na bolsa terán a duración que precise a cobertura do posto transitoriamente vacante para a cobertura do cal se realiza a contratación temporal. A persoa seleccionada realizará a labor correspondente ao seu posto de traballo no mesmo horario que o correspondente á persoa sustituida, sinalado ó efecto pola Concellaría responsable. Deste xeito, a relación rexerase pola lexislación laboral e o contrato que se lle realizará a persoa seleccionadas é de obra ou servizo determinado, e redactarase ao abeiro do RD 2720/1998 do 18 de decembro polo que se desenvolve o artigo 15 do estatuto dos traballadores en materia de contratos de duración determinada. Para afronta-lo presente gasto existe consignación orzamentaria suficiente no vixente Presuposto de gastos.

Pra descarregar as bases do proceso pica en:                                                                                http://www.barbadas.es/bandos/bases-lista-de-contratacion-profesor-acordeon-e-profesor-percusion/

Volver