Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS OFERTA 8 POSTOS DE TRABALLO

11 Mai 2018

Formarán a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais

O concello de Baños de Molgas fai pública no BOP do 11 de maio a convocatoria de selección de persoal laboral temporal para a brigada de prevención e defensa contra incendios, así como as/os condutoras/es do veículo motobomba para o ano 2018, (Convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural). Trátase dos postos pra 1 xefa/e de brigada, 1 pión condutor de brigada, 3 pións de brigada e 3 condutoras/es de vehículo motobomba. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo. A duración do contrato é de 3 meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. As bases das convocatorias poderanse obter nas oficinas municipais e serán diferentes para a brigada e para o vehículo motobomba. O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación no BOP (11/5/18).

Volver