Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE BANDE OFERTA UNHA PRAZA DE ARQUIVEIR@

21 Mai 2018

Encargarase da organización de fondos documentais do arquivo municipal de Bande

O concello de Bande fai público no BOP do 21 de maio o anuncio da convocatoria para a contratación laboral temporal, para o servizo denominado “Arquiveiro, encargado da organización de fondos documentais do arquivo municipal de Bande”. Unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir un posto de traballo de persoal laboral temporal, publica o resumo da convocatoria para a xeral coñecemento e chamamento ao concurso. A denominación do posto é  Arquiveir@, encargad@ da organización de fondos documentais do arquivo municipal de Bande. A modalidade de contratación é  contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo, coa duración que se especifique no mesmo. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días naturais contados dende o seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia. O lugar de presentación de solicitudes é o rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres ou a través da sede electrónica do concello de Bande http://concello.sedeelectronica.gal//. Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello de Bande en horariode oficina, na páxina web www.concellobande.com e na sede electrónica do concello de Bande http://concello.sedeelectronica.gal//

Volver