Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE BANDE CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

25 Xan 2018

Son postos de auxiliar/es administrativo/a para servizos de carácter xeral, limpador/a de instalacións municipais e pión/s de oficios varios

O concello de Bande fai público no BOP do 25 de xaneiro o anuncio para a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego, que, mediante acordo da xunta de goberno local con data 16 de xaneiro de 2018, aprobou as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego no concello de Bande e acordaron realizar a convocatoria para a presentación de solicitudes. Clase de persoal: laboral temporal. Prazo de presentación de solicitudes: 10 días naturais seguintes ao da publicación deste anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (25/1/18).

1) Prazas: auxiliar/es administrativo/a para servizos de carácter xeral, limpador/a de instalacións municipais e pión/s de oficios varios para a área de servizos públicos básicos e brigada medioambiental.
2) Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado, coa duración que se especifique nel.
3) Sistema de selección: concurso de méritos.
1) Prazo de presentación de solicitudes: dez días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (25/1/18).
2) Lugar de presentación de solicitudes: rexistro xeral do concello, ou polas outras formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.
3) Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello de Bande en horario de oficina e na páxina web www.concellobande.com
Os modelos de solicitude e demais información complementaria pódese consultar nas bases da bolsa de emprego publicadas na páxina web do Concello de Bande www.concellobande.com, na sede electrónica do concello http://concellobande.sedelectronica.gal/, no taboleiro de edictos municipal.

Volver