Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE BANDE CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

16 Feb 2019

Ofertan traballo en 8 categorías

O concello de Bande fai público no BOP do 16 de febreiro o anuncio para a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego neste concello. Mediante acordo da xunta de goberno local con data 18 de xaneiro de 2019 aprobaron as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego no concello de Bande e acordaron realizar a convocatoria para a presentación de solicitudes.
Clase de persoal: laboral temporal.
Prazas de:
• Informático.
• Promotor/a do turismo no Concello.
• Chofer tractor rozadora.
• Peóns de oficios varios para a área de servizos públicos básicos
e brigada medioambiental.
• Auxiliar de axuda no fogar e atención a persoas dependentes.
• Limpador/a de instalacións municipais.
• Auxiliar administrativo/a para servizos de carácter xeral.
• Monitor deportivo.
Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado, coa duración que se especifique nel.
Sistema de selección: concurso de méritos.
Prazo de presentación de solicitudes: 20 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do presente anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP).
Lugar de presentación de solicitudes: no rexistro xeral do concello de Bande persoalmente (de luns a venres en horario de 09.00 horas a 14.00 horas) ou a través da sede electrónica do concello de Bande https://concellobande.sedelectronica.gal, así como tamén nos rexistros e oficinas establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Os modelos de solicitude e demais información complementaria pódese consultar nas bases específicas da convocatoria, publicadas na sede electrónica do concello de Bande https://concellobande.sedelectronica.gal, na páxina web do concello de Bande www.concellobande.com ou persoalmente nas oficinas municipais (de luns a venres en horario de 09.00 horas a 14.00 horas).

Volver