Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE BALTAR OFERTA UNHA PRAZA DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

07 Xul 2017

Trátase dun contrato laboral temporal

O concello de Baltar fai pública, no BOP do 7 de xullo a convocatoria para a contratación laboral temporal, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía da data 04.07.2017:
1.- Número e denominación da praza: 1 auxiliar de axuda no fogar (xornada a tempo parcial, de luns a domingo)
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal para obra ou servizo determinado
3.- Duración do contrato: 6 meses
4.- Sistema de selección: concurso de méritos
5.- Retribucións totais: 476,00 €/mes (incluida pppe).
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación no BOP (7/07/17), no rexistro do concello ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello.

Volver