Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE BALTAR OFERTA DOUS POSTOS TEMPORAIS

05 Set 2017

Son para auxiliares de axuda a domicilio

O concello de Baltar fai pública no BOP do 5 de setembro a convocatoria para a contratación laboral temporal, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 30 de agosto de 2017 pra 2 auxiliares de axuda no fogar (xornada a tempo parcial, de luns a domingo). A modalidade de contratación será contrato laboral temporal para obra ou servizo determinado, cunha duración do contrato de 6 meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. As retribucións totais serán de 476,00 €/mes (incluída pppe). O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación no BOP (5/9/17), no rexistro do concello ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver