Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE BALTAR OFERTA DOUS POSTOS DE TRABALLO PARA AUXILIARES DE AXUDA A DOMICILIO

11 Set 2018

Son contratos laborais temporais a xornada parcial

O concello de Baltar fai pública no BOP do 11 de setembro a convocatoria no proceso selectivo para a contratación laboral, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía de data 07.09.2018 para as prazas para dúas/dous auxiliares de axuda a domicilio. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal a xornada parcial (20 horas). A duración do contrato será de seis meses, e o sistema de selección concurso de méritos. As retribucións brutas mensuais serán de 484,10 €/mes (incluídos pppe). O lugar e prazo de presentación de instancias é de 3 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación no BOP, no rexistro do concello de Baltar, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito e a exposición do texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal.

Volver