Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE BALTAR OFERTA 5 POSTOS DE TRABALLO

21 Mai 2019

Son pra pións forestais

O concello de Baltar fai pública no BOP do 21 de maio a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía, de data 15/05/2019, para a realización do Programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade do exercicio 2019.
1. Número e denominación das prazas: cinco (5) pións forestais.
2. Modalidade das contratacións: contrato laboral temporal,xornada parcial.
- Xornada diaria de traballo: 5 horas, de luns a venres (duración 4 meses).
3. Sistema de selección: concurso de méritos.
4. Retribucións totais: - 692,71 € brutos/mes (incluídas pppe).
5. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días naturais contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Baltar, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal https://baltar.sedelectronica.gal

Volver