Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE BALTAR CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

30 Ago 2018

É para a categoría de pións forestais

O concello de Baltar fai pública no BOP do 30 de agosto a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de pións forestais para o servizo de prevención e defensa de incendios forestais do concello de Baltar que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía de data 24/08/2018:
1.- Características da bolsa de emprego:
• Bolsa para cubrir vacantes, licenzas, IT, baixas e renuncias d@s traballador@s.
2.- Modalidade das contratacións: contrato laboral temporal a xornada completa.
3.- Duración da bolsa: ata 31 de outubro de 2018.
4.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5.- Retribucións totais: 982,53 € brutos/mes (incluídas pppe).
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 3 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación do anuncio no BOP, no rexistro do concello de Baltar, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal.

Volver