Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE AVION OFERTA UNHA PRAZA TEMPORAL DE LIMPADOR/A

20 Abr 2019

É unha interinidade deica a súa cobertura definitiva

O concello de Avión fai pública no BOP do 20 de abril a aprobación na xunta do goberno local, na súa sesión ordinaria que tivo lugar o día 1 de abril de 2019, das bases para a contratación laboral temporal, mediante contrato de interinidade, de 1 praza vacante de limpador/a no cadro de persoal laboral dese concello de Avión até a súa cobertura
definitiva.

O obxecto das bases é a contratación laboral temporal, mediante o contrato de interinidade, para cubrir  temporalmente o posto de traballo previsto no cadro de persoal laboral do concello de Avión coa denominación de “Limpador/a” actualmente vacante, por xubilación da até de agora traballadora contratada para este, durante o proceso de selección para a súa cobertura definitiva.

Se queres descarregar as bases abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver