O CONCELLO DE AVIÓN OFERTA UN POSTO DE ENXEÑEIRA/O TÉCNICA/O FORESTAL
É un contrato de 4 meses de duración
O concello de Avión fai pública no BOP do 28 de febreiro a convocatoria para a contratación laboral que se indica:
1.- Número e denominación das prazas: un/unha enxeñeiro/a técnico forestal para a súa adscrición ao Programa provincial de empregabilidade 2020.
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal, a xornada completa, de duración determinada por obra ou servizo determinado.
3.- Duración do contrato: 4 meses.
4.- Sistema de selección: concurso.
5.- Lugar e prazo de presentación de solicitudes: no rexistro xeral do concello de Avión, ou a través da súa sede electrónica, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, nos 5 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.
6.- Exposición das bases: o texto completo das bases estará publicado no taboleiro de anuncios e no portal de transparencia do concello de Avión: https://avion.sedelectronica.es/transparency/