Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE AMOEIRO OFERTA UNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIV@

07 Xun 2017

É un contrato temporal

O concello de Amoeiro publica no BOP do 7 de xuño o proceso de selección de 1 auxiliar administrativ@, mediante contrato temporal para obra/servizo determinado, até o 31 de decembro de 2017. A presentación de solicitudes farase no rexistro de entrada do concello de Amoeiro (de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres), ou ben nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de presentación deberase facer durante o prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e no taboleiro de edictos do concello, e a documentación será instancia dirixida ao alcalde acompañada da documentación acreditativa dos requisitos esixidos e dos méritos que se desexen alegar. Os requisitos e criterios de selección estarán dacordo coas bases aprobadas a disposición dos/as interesados/as nas oficinas do concello e publicadas na páxina web do concello www.amoeiro.gal

Volver