Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE AMOEIRO CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO E OFERTA UN POSTO DE CHÓFER DE TRACTOR

11 Mar 2019

Trátase dunha bolsa para auxiliares de axuda no fogar

O concello de Amoeiro crea unha bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar e convoca a contratación laboral temporal dun posto de traballo de condutor/a de tractor – rozadora-campaña de prevención de incendios forestais 2019.

Proceso de creación de bolsa de emprego 2019-2021 de auxiliar de axuda no fogar

Posto de traballo: bolsa de emprego de auxiliar de axuda no fogar.

Presentación de solicitudes: no Rexistro de entrada do Concello de Amoeiro (de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres), ou ben nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

BOLSA DE EMPREGO AUXILIARES AXUDA NO FOGAR

Prazo de presentación: durante o prazo de seis días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia.

Requisitos: os sinalados na base segunda das “bases para crear bolsa de emprego 2019-2021 de auxiliar axuda no fogar”, a disposición dos/as interesados/as nas oficinas do concello e na súa sede electrónica.

Documentación: instancia dirixida ao alcalde segundo o modelo que recollido nas bases xunto coa documentación indicada nas mesmas.

Criterios de selección: de acordo coas bases obrantes nas oficinas do concello e que están a disposición dos/as interesados/as

CONVOCATORIA CHÓFER TRACTOR ROZADORA

1. Posto de traballo: 1 praza de condutor de tractor – rozadora-campaña de prevención de incendios forestais 2019.

2. Período de contratación: ata o 31 de decembro de 2019.

3. Modalidade contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.

4. Presentación de solicitudes: no rexistro de entrada do Concello de Amoeiro (de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres),ou ben nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5. Prazo de presentación: durante o prazo de oito días naturais contados a partir do día seguinte ao de publicación deste edicto no BOP.

6. Criterios de selección: de acordo coas bases que obran nas oficinas do concello e que están a disposición dos interesados

Volver