Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE AMOEIRO AMPLÍA A BOLSA DE EMPREGO PARA AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR

03 Abr 2018

Esgotaron a listaxe anterior

O concello de Amoeiro fai público o proceso de contratación para a ampliación da bolsa de emprego 2017-2018 de auxiliar de axuda no fogar. O posto de traballo ofertado incrúese dentro da bolsa de emprego de auxiliar de axuda no fogar (ampliación por esgotamento da lista de agarda actual). A presentación de solicitudes farase no rexistro de entrada do concello de Amoeiro (de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres), ou ben nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de presentación de solicitudes farase durante o prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do edicto no Boletín Oficial da Provincia (3/4/18). Os requisitos son os sinalados na base segunda das “Bases para crear bolsa de emprego 2017-2018 de auxiliar axuda no fogar”, e que están a disposición dos/as interesados/as nas oficinas do concello e na páxina web do concello: www.amoeiro.es
A documentación deberá incruír unha instancia dirixida ao alcalde acompañada da documentación acreditativa dos requisitos antes expostos e dos méritos que se desexen alegar. Criterios de selección: de acordo coas bases obrantes nas oficinas do concello e que están a disposición dos/as interesados/as.

Volver