Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE ALLARIZ OFERTA 3 PRAZAS TEMPORAIS

22 Ago 2017

Son para pións forestais

O concello de Allariz fai público no BOP do 22 de agosto as bases que rexerán o concurso público para a selección de 3 prazas de pións forestais de medio ambiente para a posta en marcha do  Programa de valorización de residuos orgánicos II, ao abeiro da orde pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental do ano 2017, dentro do procedemento PR483D – Subvencións en réxime de concorrencia competitiva a concellos asociados. O obxecto destas bases é regular a contratación laboral temporal por este concello de 3 traballadores/as como pións forestais de medio ambiente. O contrato que se subscribirá é o que regula o artigo 15.1.a) do Estatuto dos traballadores, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro. O sistema de selección é o concurso de méritos. Os servizos desenvolveranse no concello de Vilar de Santos. A duración estimada irá dende o 1 de setembro ao 14 de novembro de 2017. O contrato laboral para formalizar será de obra ou servizo determinado a xornada completa. As tarefas que se van realizar son as seguintes:
Apoio ao labor técnico, é dicir, apoio ás funcións de información e formación coa poboación e seguimento da posta en marcha do funcionamento dos composteiros; así mesmo realizarán control do funcionamento dos composteiros, así como o manexo da esteladoira e a limpeza e roce de zonas degradadas.

Volver