Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE ALLARIZ CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

28 Nov 2017

Cubrirán os postos de traballo de auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar

O concello de Allariz fai público no BOP do 28 de novembro, que por resolución da Alcaldía n.º 2017-0092, con data 23 de novembro de 2017, aprobáronse as bases e a convocatoria para a constitución dunha bolsa de emprego para cubrir os postos de traballo de auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar en réxime de persoal laboral e as posibles vacantes subseguintes, polo sistema de concurso de méritos. As bases íntegras que rexerán a convocatoria figuran publicadas no taboleiro de anuncios do concello (Praza Maior, 1) e na páxina da sede electrónica do concello (allariz.sedelectronica.gal).A partir desta publicación, ábrese o prazo de sete días hábiles para a presentación de instancias.

Volver