Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE ALLARIZ CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

06 Set 2018

Cubrirán postos de limpador@s

O concello de Allariz fixo público no BOP do 6 de setembro por resolución da alcaldía n.º 2018-0253, de data 29 de agosto de 2018, na que foron aprobadas as bases e a convocatoria para a constitución dunha bolsa de emprego para cubrir o/os posto/s de traballo de limpador/a en réxime de persoal laboral temporal polo sistema de concurso de méritos. As bases íntegras que rexerán a convocatoria figuran publicadas no taboleiro de anuncios do concello (Praza Maior, 1) e na páxina web municipal (www.allariz.gal ). A partir desta publicación, ábrese o prazo de sete días hábiles para a presentación de instancias.

Volver