Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE ALLARIZ AMPLÍA A BOLSA DE EMPREGO DO SAF

07 Feb 2019

Necesitan cubrir postos de Auxiliares de Axuda no Fogar

O concello de Allariz fai público no BOP do 7 de febreiro por resolución da alcaldía núm. 2019-0032, con data 5 de febreiro de 2019, a apertura do prazo para a presentación de novas solicitudes para participar na selección de persoal que integrará a segunda ampliación da bolsa de emprego constituída para cubrir o/os posto/s de traballo de auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), en réxime de persoal laboral e as posibles vacantes de acordo coas bases reguladoras da convocatoria de selección de persoal para a constitución da bolsa de emprego aprobada por Decreto do Alcalde núm. 2017-0106, con data 20/12/2017. As bases íntegras que rexerán a convocatoria figuran publicadas na páxina web do concello www.allariz.gal . A partir desta publicación no BOP, ábrese o prazo de oito días hábiles para a presentación de instancias

Volver