Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DA TEIXEIRA OFERTA TRES POSTOS DE TRABALLO

08 Feb 2018

Son contratacións temporais

O concello da Teixeira fai públicas dúas convocatorias para as contratacións laborais de 2 pións de servizos varios e un/ha auxiliar administrativ@. Son as seguintes:

Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía de data 18 de xaneiro de 2018:

1.- Número de prazas: 1.

2.- Denominación: auxiliar administrativ@.

3.- Modalidade de contratación: laboral temporal.

4.- Duración do contrato: 6 meses.

5.- Sistema de selección: concurso de méritos.

6.- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do Concello da Teixeira, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

7.- Bases: o texto íntegro das bases está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web www.concelloateixeira.org.

Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía de data 18 de xaneiro de 2018:

1.- Número de prazas: 2.

2.- Denominación: pións servizos varios.

3.- Modalidade de contratación: laboral temporal.

4.- Duración do contrato: 6 meses.

5.- Sistema de selección: concurso de méritos.

6.- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días naturais, contados a partir do seguinte o da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do Concello da Teixeira, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

7.- Bases: o texto íntegro das bases está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web www.concelloateixeira.org.

Volver