Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DA TEIXEIRA OFERTA TRES POSTOS DE TRABALLO

02 Dec 2017

Dúas prazas son para Auxiliares de Axuda no Fogar e a outra é para un/ha limpador/a

O concello da Teixeira fai público o anuncio no BOP do 1 de decembro no cal, por resolución do alcalde, con data 24 de novembro de 2017, aprobaron as bases para a selección e posterior contratación dun/ha traballador/a coa categoría de limpador/a. Duración do contrato: dende a data de incorporación ata o 31 de decembro de 2018, cunha xornada de 32 horas mensuais. Clase de persoal: laboral temporal. Prazo de presentación das solicitudes: nos cinco días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou na forma prevista no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo, neste caso, @s interesad@s deberán comunicalo mediante telegrama ou telefax (n.º 988 207 445) durante o mesmo prazo e horario que o de presentación de instancias. Se o quinto día fose festivo ou sábado, o prazo finalizaría o seguinte hábil. Máis información nas bases da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello da Teixeira en horario de oficina

Do mesmo xeito, por resolución do alcalde, con data 22 de novembro de 2017, aprobaron as bases para a selección e posterior contratación de dous auxiliares de axuda no fogar. Duración do contrato: dende o 01/01/2018 ata o 31/12/2018. Clase de persoal: laboral temporal. Prazo de presentación das solicitudes: nos cinco días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres ou na forma prevista no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo, neste caso, os interesados deberán comunicalo mediante telegrama ou telefax (988 207 445) durante o mesmo prazo e horario que o de presentación de instancias. Se o quinto día fose festivo ou sábado, o prazo finalizaría o seguinte hábil. Máis  información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Teixeira en horario de oficina.

 

Volver