Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DA MEZQUITA OFERTA TRES POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

28 Feb 2019

Son pra pións de obra

O concello da Mezquita fai pública no BOP do 28 de febreiro a convocatoria da selección de persoal para a provisión de tres postos de traballo de pión obras. A alcaldía, mediante resolución con data 25.02.2019, aprobou as bases ás que se axustará o concurso de méritos para contratar temporalmente a tres (3) peón obras. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 09.00 a 14.00 horas, durante o prazo de dez días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio do BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello, http://amezquita.sedelectronica.gal

Volver