Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DA BOLA OFERTA TRES POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

20 Xul 2018

Son para 2 monitor@s e 1 técnic@ do programa de fomento da conciliación

O concello da Bola fai público no BOP do 20 de xullo por resolución da alcaldesa, de data 18 de xullo de 2018, a aprobación das bases para a selección e posterior contratación dun/a técnico/a coordinador/a e dous/as  monitores/as para o Programa de Fomento da Conciliación no Concello da Bola. A duración do contrato será determinada, até o día 30 de setembro de 2018. A clase de persoal será laboral temporal. O prazo de presentación das solicitudes farase nos tres días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres ou por calquerados medios previstos na lei. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola, en horario de oficina.

Volver