Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DA BOLA OFERTA SETE POSTOS DE TRABALLO

29 Nov 2018

Son para auxiliares de axuda no fogar

O concello da Bola fai públicas no BOP do 29 de novembro por resolución da alcaldesa, de data 26 de novembro de 2018, a aprobación das bases para a selección e posterior contratación de sete auxiliares de axuda no fogar: catro a xornada completa de luns a domingo, festivos incluídos, cos descansos que establece a Lei; dúas a media xornada de luns a domingo, festivos incluídos, cos descansos que establece a Lei e unha a media xornada de luns a venres para cubrir permisos e días de descanso das outras auxiliares. Duración do contrato: dende 01.01.2019 ata 31.12.2019.Clase de persoal: laboral temporal. Prazo de presentación das solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina.

Volver