Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DA BOLA OFERTA DOUS POSTOS DE TRABALLO

09 Mar 2018

Son para un/ha oficial de 1ª e de 3ª

O concello da Bola fai público con BOP do 9 de marzo os anuncios que, por resolución da alcaldesa, con data 20 de febreiro de 2018, aprobarons as bases para a selección e posterior contratación dun/ha oficial de 3ª e dun/ha oficial de 1ª. A duración dos contratos: dende o 6 de marzo de 2018 ata o 31 de decembro de 2018. A clase de persoal é laboral temporal. O prazo de presentación das solicitudes farase nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (9/3/18), no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres; ou por calquera dos previstos na lei. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no Concello da Bola, en horario de oficina.

Volver