Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DA BOLA BUSCA PERSOAL PARA O SERVIZO DE ATENCIÓN Á INFANCIA

23 Dec 2019

Trátase dun contrato de 15 horas á semana

O concello da Bola fai público no BOP do 23 de decembro por resolución da alcaldesa, con data 19 de decembro de 2019, a aprobación das bases para a selección e posterior contratación dunha praza de persoal laboral para o servizo complementario de atención á infancia do concello da Bola.
Duración do contrato: dende o 15/01/2020 deica o 15/10/2020
Clase de persoal: laboral temporal
Xornada laboral: 15h/semana
Prazo e lugar para a presentación das solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral do concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina.

Volver