Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DA BOLA BUSCA DOCENTES PARA UN CURSO AFD

02 Dec 2017

Trátase do curso "Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil"

O concello da Bola fai público o anuncio no BOP do 1 de decembro no cal, por resolución da alcaldesa, con data 27 de novembro de 2017, se aprobaron as bases para a selección e posterior contratación de docentes para impartir o curso “Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil”. A duración do contrato: pola duración do curso. Clase de persoal: laboral temporal. Prazo de presentación das solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios previstos na lei. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina.

Volver