Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DA BOLA BUSCA DOCENTES PARA CURSOS AFD

21 Nov 2018

Teñen programadas catro accións formativas

O concello da Bola fai público no BOP do 21 de novembro, por resolución da alcaldesa, con data 16 de novembro do 2018, a aprobación das bases para a selección e posterior contratación de docentes para impartir os cursos:

-“ Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”
-“Atención sociosanitaria a persoas no domicilio”
-“Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil”
-“Dinamización comunitaria”

Duración do contrato: pola duración dos cursos.
Clase de persoal: laboral temporal.
Prazo de presentación das solicitudes: nos 6 días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou por cualquera outro medio estipulado na lei. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina.

Volver