Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DA BOLA APROBA UNHA BOLSA DE EMPREGO

25 Mar 2019

É para a substitución por baixa laboral da educadora social do concello da Bola

O concello da Bola fai público no BOP do 25 de marzo por resolución da alcaldesa, con data 21 de marzo de 2019, a aprobación das bases para a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego, na modalidade de concurso de méritos, para a substitución por baixa laboral da educadora social do concello da Bola.
Xornada laboral: 40h semanais (xornada completa).
Clase de persoal: laboral temporal.
Duración da bolsa de emprego: ata o 31 de decembro de 2019.
Prazo de presentación das solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina.

Volver