O CONCELLO DA BOLA AMPLÍA A BOLSA DE EMPREGO
Faino na categoría de auxiliares de axuda no fogar
O concello de A Bola fai público no BOP do 12 de xuño, por resolución da alcaldesa, con data 7 de xuño do 2019, a aprobación das bases para a ampliación da bolsa de emprego de auxiliares para o servizo de axuda no fogar, como persoal laboral temporal. Prazo de presentación das solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral do concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina.