Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELHO DE VILARINHO DE CONSO PON EN MARCHA O SEU 1º CONVENIO COLECTIVO

12 Dec 2017

Foi aprobado por Resolución da Conselharía de Economía e Emprego do 12 de Decembro

Hoxe, día 12 de Decembro do 2017, a Conselharía de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galiza ven de ditar resolución, pola que acorda o rexistro, depósito e publicación no BOP do 1º Convenio Colectivo para o Persoal Laboral ao Servizo do Concelho de Vilarinho de Conso, así como das Bases de Contratación para o persoal laboral ao servizo do Concelho de Vilarinho de Conso.

Tanto o Convenio Colectivo, como as Bases de Contratación foron pactadas polo actual grupo de goberno do Concelho e, no seu nome, pola súa Alcaldesa e, pola parte sindical, pola Unión Local da CIG de Verín e A Limia.

8 anos despois do falido Convenio Colectivo que se asinara no ano 2009, mais que non chegara a publicarse no BOP, dada a negativa do Pleno Municipal do Concelho a respaldalo, nesta altura, por fin os trabalhadores/as municipais conseguen ter umha regulación propia das súas relacións laborais.

Da norma aprobada no Pleno municipal do 31/10/17, cabe salientar, entre outros, os seguintes aspectos:

a) A regulación das diferentes circunstancias de cada posto de trabalho, criando umha serie de pluses de perigosidade, penosidade, toxicidade, especial dedicación, disponhibilidade e responsabilidade.

b) A criación dun complemnto de antigüidade para todo o persoal laboral, por trienio perfeccionado.

c) O estabelecimento dumha cláusula pola que se confire a opción ao trabalhador/a no caso de exitinción contractual improcedente.

d) E finalmente, a regulación, a meio duns Bases Municipais de Contratación (idénticas as que xa funcionan na Comarca de Monterrei), das convocatorias de postos de trabalho que poida ofertar no futuro o ente local, para levar á practica os principios de igualdade, publicidade mérito e capacidade.

A partires dagora, no Concelho de Vilarinho de Conso, as ofertas de trabalho e as súas bases reguladoras terán que pasar pola aprobación dumha Comisión de Control da contratación, na que terán presenza as organizacións sindicais.

Umha vez aprobado o Convenio pola Conselharía de Económía, Emprego e Industria nos próximos días será publicado no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e entrará en vigor.

Dende a CIG debemos dar o parabén aos trabalhadores e trabalhadoras do Concelho de Vilarinho de Conso por conseguer a institución desta nova norma de trabalho e pola súa confianza na nosa organización sindical. Igualmente, debemos felicitar ao Grupo de Goberno do Concelho pola aprobación das Bases Municipais de contratación para pór na práctica o principio de igualdade para todos os cidadáns e cidadás.

Volver