Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELHO DE VERIM CONDENADO A READMITIR A DOUS AUXILIARES DA POLICÍA LOCAL QUE SON DECLARADOS PERSOAL FIXO E DESCONTINUO POLOS XULGADOS DO SOCIAL

07 Feb 2020

Ducias de auxiliares da policía local de diversos concelhos poderían formular a mesma reclamación

Dous auxiliares da policía local do Concelho de Verim que vinhan sendo contratratados cada ano, como persoal temporal do ente local para a época do verao, venhen de ser declarados, polos Xulgados do Social núm. 3 e 2 de Ourense, persoal fixo da RPT municipal e descontinuo, con dereito a trabalhar 4 meses cada ano; en aplicación da doutrina do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza relativa á imposición da sanción de “fixeza” ás entidades públicas que abusen da temporalidade.
Deica o momento esta “novidosa” doutrina xudicial tinha sido aplicada a casos moi específicos, a maioría deles de trabalhadores/as dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais, como os da Gudinha, O Barco ou A Garda (Pontevedra); mais niste caso os Xulgados aceptaran estender os efeitos da “sanción de fixeza” a outros colectivos en situación de precaridade e abuso da temporalidade, como os Auxiliares de Policía local.
Na provincia de Ourense ducias de auxiliares da policía local de diversos concelhos poderían formular a mesma reclamación para tornaren a súa relación laboral a fixa, sen necesidade de superar un segundo proceso seleitivo ou oposición, ao ser-lhes hábil o proceso seleitivo superado nas contratacións temporais e con obriga municipal de chama-los cada ano a trabalhar durante o período do verao.
Dende a CIG agardamos que a Concelheira de Persoal do Concelho de Verim e o seu Alcalde tomen nota, impidan o “abuso” da temporalidade, non o promovan, cumprimenten as sentenzas de xeito voluntario e non nos obriguen, como venhen facendo nos últimos tempos, a reclamar a execución forzosa das mesmas; porque o “progresismo” verbal, algunhas veces hai que o acreditar con feitos !!!

Volver