Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O COMITÉ INTERCENTROS DA XUNTA PUBLICA NOTA INFORMATIVA

19 Xan 2018

Da información puntual sobre a reunión mantida coa DXFP o pasado 16 de xaneiro

Tras varias solicitudes do Comité Intercentros, o día 16 de xaneiro a DXFP convoca a unha xuntanza informativa ao máximo órgano de representación do persoal laboral na Xunta de Galicia, na que se trataron os seguintes temas:

1. CONCURSO PERSOAL LABORAL:

 Están acabando co traballo de agrupación en Áreas Funcionais dos Grupos IV e V, prevén presentar conxuntamente cos criterios para rematar a negociación, data prevista primeira semana de febreiro.

O resto de grupos irán saíndo as convocatorias conforme se vaian aprobando os distintos procesos de estabilización que lles sexan de afectación.

Ao respecto da posibilidade de convocar concurso de traslados entre distintas administracións públicas, considérano complexo neste momento, so está previsto para persoal funcionario. Non teñen inconveniente en estudiar o tema sempre que se podan abrir prazas a outras administracións nas RPT e se acade acordo coas Organizacións Sindicais.

2. PROCESO DE ESTABILIZACIÓN:

Están traballando na confección da OPE de 2018 onde irá un número importante de prazas cos criterios que se establecen na LPGE, que incluirá prazas de:

-Persoal laboral indefinido non fixo.

-Persoal anterior a 2005.

-Prazas ocupadas temporal ou interinamente ao menos entre 31/12/13 a 31/12/16

 

A idea da administración é que unha vez se acouten as prazas, se agrupen para realizar procesos por categorías.

O sistema será o de concurso/oposición, onde a fase de baremo de méritos acadará o máximo que permite a lexislación, o 40%.

Todas as prazas de categorías que correspondan a escalas, conforme á norma legal, serán realizadas con carácter funcionarial; o tempo correspondente aos servizos prestados como persoal laboral será computado para ese acceso á condición de funcionario.

A previsión é que neste mes se comece a traballar no seo da Subcomisión correspondente, abrindo un buzón de postos para axilizar a comprobación dos supostos de aplicación que se establece no Acordo e na LPGE.

A aprobación da OPE correspondente será realizada conforme ao procedemento que establece a LEPG e EBEP.

3. XUBILACIÓN PARCIAL:

Os expedientes tramitados ata o de agora son 835.

A xubilación especial aos 64 anos formula o problema de que o interesado debe ter solicitada e concedida previamente a xubilación parcial anticipada de relevo, isto pode significar dúas situacións:

Si o relevista acepta o contrato a tempo completo derivado desa nova situación de xubilación especial, non existiría problema ningún.

Si o relevista non acepta ampliar á xornada ao 100%, poderían darse dous supostos:

Si a Consellería ten unha vacante que se poda cubrir ao 100%, non habería problema e se concedería.

Si a Consellería non ten outra vacante denegaríase.

A posibilidade da acumulación nun so período do tempo de xubilación parcial a Administración non a contempla, en atención a dúas cuestións:

- A xubilación é un pacto entre partes, e unha das partes non vai a estar de acordo (a Administración)

- As sentencias que existen non admiten dita posibilidade con carácter xeral.

A Administración manifestase a favor co estudo dun novo acordo de xubilación parcial anticipada dentro dos parámetros legais actuais, é dicir máximo do 50%.

Comprométense a analizar os motivos polos que de momento non entra nos supostos o persoal laboral temporal.

4. ADSCRICIÓNS TEMPORAIS:

A Administración pretende probar dentro do Grupo V de que se arbitre a posibilidade de que persoal de distintas categorías dentro do mesmo grupo podan solicitar postos en adscrición antes de acudir ás listas de contratación. Quedaría condicionado aquelas categorías nas que exista un recoñecemento médico ou probas de aptitude física.

En todo caso, retomarán o documento consensuado e remitido polo Comité Intercentros sobre esta cuestión e no que se solicitaba que se abrise esta posibilidade a tódolos grupos profesionais e non so ao grupo V.

Sobre a publicidade na web da Xunta dos postos en adscrición farán un seguimento para que todas as Consellerías cumpran co precepto da publicidade.

5. POSTOS EN INCAPACIDADE PERMANENTE TOTAL:

Hai 22 solicitudes.

A Administración pretende ter unha proposta para presentar á Comisión Paritaria, sobre esta cuestión.

Son conscientes de que existe rexeitamento en determinados casos por parte de MUGATRA, unha vez que a praza é aceptada e adxudicada; así como tamén da tardanza da Mutua nas valoracións

6. VARIOS:

-Desfrute de asuntos propios persoal a quendas: non teñen previsto ningunha novidade ao respecto do goce dos APs, que non sexa o que está nas actuais instrucións.

-EVOs: din que unha vez asinado o concurso SERGAS estase traballando para diminuír as listaxes de espera a un máximo de 2 meses. En todo caso senón se consegue sempre se pode acudir á vía que se está realizando noutras Comunidades Autónomas (alusión velada a unha posible externalización?).

- Negociación dun novo decreto de listas: non está previsto, na súa totalidade, si é posible que se necesite adaptar determinadas cuestións por motivos informáticos.

-Derrogación Lei 1/2012 e artigo 19: dará traslado ao Conselleiro.

-Permutas entre persoal laboral temporal: analizarán a recente sentenza do Tribunal Constitucional, e si procede instarán a unha modificación do V CCU no sentido que na mesma se estableza.

Proceso de Camareira/o limpador/a: publicación en febreiro.

Proceso de Auxiliar de enfermería: sairá como persoal funcionario, e polo tanto pendente da negociación da ope de estabilización.

 

 

Volver