Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O COMITÉ DE FOLGA DA LIMPEZA DO CHUO DENUNCIA AS ILEGAIS MANOBRAS DA EMPRESA PARA IMPEDIR A FOLGA

31 Xan 2018

Fixeron dez contratos para cubrir a folga

O comité de folga da contrata do servizo de limpeza do CHUO informa, que tras a convocatoria de folga, a empresa está adoitando unha actitude de sabotaxe desta folga que comeza o próximo 5 de febreiro, usando para iso todos os medios ao seu alcance, desde as presións ás traballadoras, ameazas á propia representación legal do persoal, ou a presentación duns servizos mínimos abusivos que pretenden que traballe máis xente os día de folga que nas xornadas ordinarias.

A última manobra contra a folga foi a contratación de dez traballadoras novas, o que consideramos que representa unha práctica de esquirolaxe de libro, feito este que denunciaremos ante a Inspección de Traballo, ademais de valorar a posibilidade de actuacións xudiciais de carácter penal.

Por outra banda, estamos á espera de comprobar os servizos mínimos que o SERGAS decrete finalmente a fin de proceder, no caso de manter a proposta inicial, á correspondente impugnación e solicitude de suspensión cautelar. Cabe sinalar que a xerencia do CHUO rexeitou manter a reunión que lle tiña solicitado o comité de folga.

Toda esta política de boicot ao dereito de folga feito por FERROVIAL e polo propio SERGAS, non van conseguir outra cousa que radicalizar as posicións e dificultar a posibilidade dunha saída negociada. Semella como se empresa e administración apostasen por unha folga longa e dura.

O próximo venres volverá haber concentración das traballadoras nas portas do CHUO ás 10 horas, no tempo de descanso e bocadillo, para ter posteriormente, ás 13:30 e 19:30, as últimas asembleas antes da folga indefinida do luns día 5.

Volver