Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O alcalde de Verín pídelle ao TSXG que aclare a sentenza que anula o orzamento de 2009 e o tribunal dille que “rezuma claridade"

02 Dec 2011

A CIG considera que se trata dunha manobra do rexedor para dilatar o proceso e incumprir a obriga de negociar coas centrais sindicais

Na resolución ditada polo TSXG indícaselle ao primeiro edil de Verín que a sentenza sobre a que solicita aclaración “rezuma claridade”. Dende a CIG denuncian que Juan Manuel Jiménez Morán, do PP, conseguiu nun mesmo ano que os tribunais condenasen dúas veces o Concello de Verín por violación de dereitos constitucionais tan importantes como a liberdade de información e de expresión.

Con todo, na central nacionalista están convencidos de que o alcalde intentará desviar a atención con cortiñas de fume e “acusará a alguén de todos os males do universo para manter un comportamento que foi reprobado polos tribunais, porque do que se trata é de non negociar nada con ninguén, que para iso é o rexedor”.

Volver