Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

NOVO PECHE HOXE MÉRCORES NO HOSPITAL DE VERÍN

24 Abr 2019

O persoal urxe unha solución á merma da calidade debida ós recortes da xerencia

As/Os trabalhadoras/es do hospital de Verín están levando a cabo un peche de 24 horas como protesta debido a que "a xerencia do hospital fai caso omiso da situación que padece", que secunda a CIG xunto cos sindicatos CC OO, CSIF, UGT, PROSAGAP, SAE e SATSE.

Estas concentracións por parte do plantel de persoal do hospital da vila, son unha constante dos mércores do último mes, asegurando que de non ter unha resposta e unha solución para a situación, non descartan "todo tipo de mobilizacións".

As/Os representantes do persoal do hospital de Verín consideran unha falta de respecto a carencia dunha solución de xeito urxente á "merma na calidade da atención debido aos recortes da xerencia". Aseguran non poder seguir con esta situación, baixo a consigna: "somos traballadores, non escravos".

Volver