Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

NOVO ACCIDENTE NAS OBRAS DO AVE EN LAZA CON FATAL RESULTADO; UN TRABALLADOR FALECIDO

10 Out 2018

Xa son nove as persoas que faleceron traballando nestas obras

Novamente temos que dar conta do fatal desenlace ocorrido nas obras do AVE na zona sur da provincia de Ourense. Trátase dun condutor de camión que perdeu a vida nas obras tras envolcar o seu veículo, cerca da estación de Prado. A principios de ano, o xulgado de Verín abriu unha investigación penal por un posible delito contra os dereitos dos traballadores, por esa sinistralidade laboral, e tras unha denuncia da CIG.

Deica hoxe, a última morte rexistrada nas obras do AVE entre Galiza e Castela tivera lugar o pasado 28 de xuño, cando morreu un obreiro portugués ao que no seu primeiro día de traballo lle caeron enriba uns ferros. O accidente rexistrouse na localidade de Lobeznos, no municipio zamorano de Pedralba, a moi poucos kms de Galiza.

A sinistralidade laboral nas obras do AVE na liña entre Ourense e Zamora, onde se está a concentrar nos últimos anos o groso dos traballos, levou á CIG Verín a presentar o pasado decembro unha denuncia nun xulgado de Verín contra a Xunta e o Estado por prevaricación e delitos contra os traballador@s. O sindicato pedía que se investigasen non só os accidentes con mortos senón un total de nove de carácter grave nos que tamén houbo feridos. A finais de xaneiro o xulgado decidiu abrir unha investigación penal por un posible delito contra os dereitos dos traballadores e reclamar documentación sobre os sinistros á inspección laboral.

 

Volver