Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

Novas xornadas de folga na Vidreira do Atlántico e novas accións mobilizadoras para solucionar o conflito aberto en Xinzo

16 Mar 2009

Xuntáronse no Porto con Comités portugueses de BA Glass

O xoves 12 de marzo tivo lugar a convocatoria de conferencia de imprensa realizada polos compañeiros portugueses da Uniao de Sindicatos do Porto (CGTP-IN) e mais polo Sindicato dos Trabalhadores Portugueses da Indústria Vidreira; quen, en colaboración coa CIG e co Comité de Empresa da Vidreira do Atlántico, lanzaron a toda a prensa do norte de Portugual este comunicado, invitando aos medios a participar na citada rolda de prensa, que se celebrou na Casa Sindical de Porto e que tratou da situación de conflitividade laboral xerada pola acción dos novos proprietarios do Grupo BA, tanto en Xinzo da Limia, como nas fábricas de Portugal; onde os traballadores, tamén están a preparar mobilizacións.

Moción de solidariedade desde Portugal

Ademais, achegan unha moción de solidariedade (que podedes descargar ao final desta nova), da Federaçao Portuguesa dos Sindicatos da Construçao, Cerámica e Vidro; a meio da que os traballadores portugueses do Vidro e, concretamente, as Comisoes Sindicais da BA (Barbosa e Almeida), en Avintes, Marinha Grande e Sotancro, mostran o seu apoio a loita dos traballadores da Vidreira  do Atlántico de Xinzo da Limia e critican duramente: "a prepotencia patronal da Administración da empresa e em particular do seu administrador Dr. Jorge Alexandre".

Asemade, informan de que, tras a celebración das xornadas de Folga que se están a materializar entre o día 15 e o 17 de marzo (de domingo a martes), a acción sindical dos traballadores da Vidreira ha tomar dous rumos novos:

1º.- "Imos propór á CGTP-IN e as Comisoes Sindicais da BA en Portgual, convocar un acto de protesta conxunto en Lisboa ou no Porto contra  a acción da patronal BA e do seu Presidente ou, en todo caso, un acto de protesta dos traballadores/as da Vidreira nesas cidades co apoio da CGTP-IN.

2º.- Imos convocar un acto de protesta dos traballadores/as da Vidreira do Atlántica en Leon, provincia na que se sitúa unha das fábricas da BA no Estado Español.

3º.- Imos invitar, novamente, á empresa a reabrir negociacións de cara a buscar solucións ao conflito".

Volver