Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

NOVA CONCENTRACIÓN DIANTE DOS SUPERMERCADOS FROIZ DE OURENSE

29 Dec 2017

Nesta ocasión tivo lugar no establecemento que a cadea ten na céntrica rúa da Concordia en Ourense

Delegadas da CIG no sector da alimentación xunto con membros do sindicato voltaron a concentrarse diante dos supermercados Froiz en Ourense para denunciar a realidade laboral que aí existe; a negación dos dereitos das súas traballadoras e traballadores. Durante a concentración, ó longo dunha hora, informouse ós medios de comunicación e a veciñanza do que nesa empresa está a ocorrer. @s compañeir@s tamén informan, que, de non respectar o asinado no convenio, e non mudar esta actitude represiva seguirán coa campaña de mobilizacións.

Volver