Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

NOVA CONCENTRACIÓN DE PROTESTA D@S TRABALLADOR@S DE FERROVIAL

15 Mar 2018

Retoman a folga indefinida tras non chegar a acordo coa dirección da empresa

A práctica totalidade do plantel do mantemento do CHUO concentrouse novamente hoxe, tras retomar a folga indefinida despois de ter unha xuntanza coa empresa na que non se cheou a avinza algunha. O ofrecemento que fai a directiva de Ferrovial, non cumpre coas expectativas d@s traballador@s, motivo polo cal, acordaron reactivar a folga indefinida que fora suspendida en aras de negociar un acordo xusto. Hoxe mesmo, tras a concentración, novamente os traballadores en folga tentaron un diálogo cos responsábeis da empresa en Ourense, máis non foron recibidos. Estarán en folga até obter un acordo xusto, e concentraranse todos os xoves no CHUO en sinal de protesta.

Volver