NOVA BOLSA DE TRABALLO NO CONCELLO DE LAZA
É pra postos de xef@s de brigada, pións e pións condutor@s para as brigadas dese concello
O concello de Laza fai público no BOP do 30 de agosto o anuncio de selección de persoal para a creación dunha bolsa de emprego para xef@s de brigada, pións e pións condutor@s para as brigadas deste concello de Laza. A alcaldía mediante resolución do 27 de agosto de 2018, aprobou as bases ás que se axustará ao concurso-oposición para a criación dunha bolsa de emprego de xefes de brigada, pións e pións condutor@s para as brigadas deste Concello de Laza. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web do concello www.laza.es